top of page

Colaborar

Durante as datas de recollida e entrega un servizo municipal de recollida almacenará, para a súa posterior entrega, as doazóns desinteresadas de xoguetes destinadas a nenas/os de ata catorce anos. 

 

Os valores, o xogo saudable e os desexos positivos que se transmiten ao regalar un xoguete son moi importantes. Por esa razón, os nosos preferidos son aqueles que se apartan do belicismo ou de estereotipos de xénero.

 

Se son sustentables e non consomen pilas, moito mellor!

 

Se despois da última xornada temos aínda xoguetes na nosa caseta, doarémolos a unha ONG para a súa posterior distribución.

 

Para que aceptemos a túa doazón os xoguetes deberán ter as seguintes características:

Que sexan produtos deseñados ou previstos para ser utilizados con fins de xogo por nenas/os menores de catorce anos (xoguetes).

Deben de reunir boas condicións de hixiene e de estado.

E deben de ser seguros!

bottom of page